Diálogos das Pedras que Falan

Diálogos das Pedras que Falan

O programa comeza en Santiago cunha conversa sobre patrimonio e creación. Será o xoves 10 de setembro, ás 19:00 h, no CSC Maruxa e Coralia de Santiago de Compostela, co encontro inaugural Diálogos das Pedras que Falan. Nesta sesión, os membros do colectivo Rupestre Sonoro Alba Cid, Xoán-Xil López, Xavier Groba e Ramon Pinheiro abordarán este patrimonio dende perspectivas diversas, reflexionando sobre as súas potencialidades e problemáticas, tanto para as comunidades locais como para a creación artística actual.

https://www.folque.com/01.140415wp/rupestre-sonoro/

in 18 days
CSC Maruxa e Coralia
Praza de Salvador Parga, Cidade Vella, Asén, Santiago de Compostela, Santiago, A Coruña, Galicia, 15704, España
Add to calendar
Download flyer