Manifestación nacional de ensino pola atención á diversidade
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca manifestación nacional o 28 en Compostela en demanda de medidas para atender a diversidade.
A marcha sairá ás 12 horas da Alameda compostelá e está aberta á participación de toda a sociedade galega, así como de asociacións vinculadas ao ensino e á diversidade funcional. Está previsto que haxa servizo de autobuses desde distintas comarcas.
in 3 days
Alameda de Santiago de Compostela
O Ensanche, Santiago de Compostela, Santiago, A Coruña, Galicia