Poesía galega por Palestina: apresentaçom do livro "Cantos de dor e liberdade"
O venres 20 de novembro, ás 20h, na Gentalha do Pichel (Compostela), a Asociación Galiza por Palestina organiza unha lectura de poemas da 3ª edición do libro "Cantos de dor e Liberdade. Voces galegas por Palestina".
✍️ Unha obra colectiva editada por Tempo Galiza con 58 poemas e 17 ilustracións. As dúas primeiras edicións están case esgotadas e, grazas a este proxecto cultural e solidario, xa se entregaron 7.151 € á UNRWA.
🎤 Na presentación en Compostela colaboran as poetas Celso Álvarez Caccamo, Ana Barja, Marisa de Corme, Lois Diéguez, Igor Lugrís, Uxío Outeiro, Baldo Ramos, Patricia Torrado e Marga do Val.
🎶 Está prevista a actuación musical de Ilus@s, en colaboración con Culturactiva.
🛍️ Haberá un posto de venda de exemplares desta terceira edición e outros produtos solidarios, destinados tanto á UNRWA como a organizacións palestinas que traballan en Cisxordania e nos campos de refuxiadas palestinas.
Non faltes! A poesía tamén é solidariedade.