Unidade popular fronte ao fascismo

Unidade popular fronte ao fascismo

O vindeiro 21 de setembro ás 19:30, Santiago de Compostela acollerá, nun espazo público, un acto de Vox que contará coa presenza de María Ruiz e de Jorge Buxadé. Perante esta situación de normalización de discursos reaccionarios, a clase traballadora galega debe ser quen colla as rendas da mobilización e empregue todos os medios posibles para paralizar este evento, ademais de evitar que se convoquen vindeiros actos que atenten contra as nosas liberdades. Nun tempo no que o fascismo volve ameazar co retroceso dos dereitos fundamentais, debemos eludir a pasividade e coordinármonos nunha fronte unitaria contra un movemento que nos quere oprimidas e alienadas, anulando a nosa capacidade crítica e calquera tipo de diversidade social e cultural. E a mocidade non está exenta desta enorme angueira, formando parte fundamental da loita antifascista. Obreiros e estudantes han de articularse conxuntamente para facer fronte á barbarie.

Os partidos fascistas pretenden aproveitar e liderar un proceso xeral de expansión das ideas reaccionarias entre a sociedade: o machismo, o racismo, a LGBTIfobia ou o supremacismo español, entre outras, como ideoloxías que apuntalan as distintas opresións que sofremos, mais agora nas súas versións máis brutais. Isto fai necesario que as traballadoras nos comprometamos co antifascismo para defender os nosos dereitos e liberdades no seu conxunto.

As organizacións asinantes deste manifesto apostamos pola unidade popular antifascista, a cal se tornou indispensable como a única forma de pararlles os pés aos reaccionarios e ao fascismo.

ANTE O FASCISMO, UNIDADE POPULAR. @cntgaliza @galizanova @erguergaliza @asembleaantiimperialista @compostelaxpalestina2024 @ceivar_opar @mmmgaliza @pcrg_gal @foroinmigra @galiza_globalsumud @cmsocialista @anticapi_galiza @iscamocidade @stegsindicato

in 21 hours
Centro Sociocultural de Santa Marta, Santiago de Compostela
Rúa do Escultor Ferreiro, Santa Marta de Arriba, A Choupana, Santiago de Compostela, Santiago, A Coruña, Galicia, 15706
Add to calendar
Download flyer