Xornadas Ecofeminismo e decolonialidade

Xornadas Ecofeminismo e decolonialidade

Xornadas Ecofeminismo decolonial e Mulleres Bravas

❓️Pertences a un colectivo e queres formarte en ecofeminismo e decolonialidade?
❔️Queres facer rede con outras asociacións ecofeministas?

Organizamos un encontro dentro do proxecto #MulleresBravas

📍Onde? Casa das Máquinas en Santiago de Compostela.
📆 Cando? Sábado 3 de outubro

Daremos prioridade a que poidan vir o maior número de colectivos e plataformas e a nosa base social antes que individualidades ou sobrerepresentación dos mesmo colectivos

INSCRICION:https://my.liberaforms.org/xornadas-ecofeminismo-decolonial-e-mulleres-bravas

Convidámosvos a un encontro que organizamos dende Amigas da terra e Enxeñeiras sen fronteiras dentro do proxecto"Mulleres Bravas" que faremos o próximo sábado 3 de Outubro.

Aquí tedes o link a web do proxecto para buscar mási información https://mulleresbravas.gal/

O obxectivo deste encontro será formarnos e indagar no que entendemos coma ecofeminismo cunha mirada decolonial nas nosas organizacións, plataformas ou colectivos. Neste espazo tamén están convidas as activistas de Amigas da Terra pois tamén forma parte do encontro de activistas que facemos tódolos anos, desta vez centrado no ecofeminismo xa que é unha parte fundamental do noso plan estratéxico.

A axenda está por rematar de definir polo que podería varias nos seguintes meses pero por agora temos pensado:

Mañá comezando a redor das 10:00 e rematando a redor das 14:00:
1.Chegada
2.Formación teórica en ecofeminismo cunha mirada decolonial.
3.Formación práctica/vivencial en ecofeminismo cunha mirada decolonial.
4.Compartir as vivecias dunha activista hondureña que estará con nos de xira a traves de Mulleres Bravas

Xantar aproximadamente de 14:30 a 16:00
Ofreceremos un xantar para as persoas asistentes a xornada.

Tarde comezando a redor das 16:00 e rematando a redor das 20:00 con algunha pausa:
1.Presencación do informe sobe micromachismos no Activismo galego froito da colaboración de Mulleres Bravas coa facultade de Psicoloxía.
2.Indagación sobre o ecofeminismo nas nosas organizacións:
Cómo está integrado o ecofeminismo xa nas nosas organizacións colectivos ou plataformas?
Qué nos gustaría comezar a facer e integrar nas nosas organizacións colectivos ou plataformas?
Qué precisaríamos par ater unha visión máis ecofeminista e decolonial nas nosas organizacións colectivos ou plataformas?
3. Peche seguintes pasos

21:00 Cea para as persoas que desexan ter un espazo de partilha posterior ao evento

Se te chegou este convite é por que comprendemos que formas parte dunha rede de organizacións colectivos ou plataformas, afíns a nós que xa ten integrada dalgún xeito unha visión ecofeminista na súa orgnaización e que pode ter interese en indagar máis nela, ou que pertences a algunha organización colectivo ou plataforma, que participou antes con Mulleres Bravas e pensamos que este encontro pode ser do teu interese.

Grazas por ler ate aquí e se tes interese por favor rechea o formulario https://my.liberaforms.org/xornadas-ecofeminismo-decolonial-e-mulleres-bravas

in 16 days
C. S. Casa das Máquinas, Santiago de Compostela
Rúa das Galeras, A Poza de Bar, Asén, Santiago de Compostela, Santiago, A Coruña, Galicia, 15782
Add to calendar
Download flyer