Faladoiro non monógamo: Que é a monogamia?

Que é a monogamia?
Ven falar connosco do que entendemos por monogamia.
Xoves 9 de abril ás 18:30h na Casa Xohana Torres.

Que é a monogamia?

En CNM levamos anos xuntándonos para conversar sobre non monogamia. Organizamos faladoiros sobre modelos relacionais, ferramentas de ligue, dereitos matrimoniais, familia, amizades e moito máis, pero agora queremos proporvos un tema un pouco diferente: queremos falar de monogamia.

Encántanos darlle voltas ás non monogamias, pero que entendemos por monogamia? Esa palabra significa o mesmo para todes nós? É simplemente un modelo relacional ou algo moito máis complexo? Vinde connosco darlle voltas á monogamia!

in 3 days
Casa Xohana Torres
Rúa de Bernardo Barreiro de Vázquez-Varela, s/n
Add to calendar
Download flyer