Inauguración da escultura de Moncho Reboiras
A rúa Carreira do Conde de Santiago de Compostela acollerá o 18 de abril o acto de inauguración da escultura en bronce e a tamaño real de Moncho Reboiras promovida polas Fundacións Moncho Reboiras, Terra e Tempo e Galiza Sempre.
A obra, de Carlos Fernández en colaboración con Cuqui Piñeiro, renderá homenaxe na capital galega ao dirixente nacionalista asasinado pola ditadura franquista.
No acto de inauguración da escultura intervirán Xesús Seixo, presidente da Fundación Moncho Reboiras; Elvira Souto, portavoz da Comisión de Honra; Francisco Rodríguez, presidente da Fundación Terra e Tempo, así como a alcaldesa de Santiago de Compostela, a nacionalista Goretti Sanmartín.
in 3 days
Rúa Carreira do Conde, Santiago de Compostela
Rúa da Carreira do Conde, A Rosaleda, O Ensanche, Santiago de Compostela, Santiago, A Coruña, Galicia, 15701